O concello de San Amaro converteuse esta fin de semana no epicentro do mundo equino coa segunda edición da Ruta Cabalar, en colaboración coa Escola de Equitación do municipio, cun éxito crecente dende a súa posta en marcha con iniciativas novedosas como a equinoterapia.
Así, achegáronse ata San Amaro persoas de toda a provincia, e tamén doutros puntos de Galicia. Pola mañá houbo probas de andadura chapeada e serrada, trote e gincana. Houbo unha ruta de 18 km facendo un percorrido polos lugares máis emblemáticos do municipio, como o Castro de San Cibrán ou o tempo budista. Unha xornada na que o tempo tamén axudou escampando nos momentos clave para permitir o desenvolvemento das probas.