A Deputación colaborará coa Asociación de Persoas Xordas de Ourense no 50 aniversario da súa fundación

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) con Martín Luis Becerra (Presidente da Asociación de Persoas Sordas de Ourense - APSOU) acompañado de Arantxa Pérez Pérez-Quevedo (Intérprete de Lingua de Signos).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá ao presidente da Asociación de Persoas Xordas de Ourense, Martín Luis Becerra, nun encontro no que se abordou a colaboración institucional cara o 50 aniversario deste colectivo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Pazo Provincial e acompañado pola intérprete de signos Arantxa Pérez, o presidente da asociación explicou a Luis Menor o traballo que desenvolve este colectivo, con preto de 3.000 beneficiarios en toda a provincia aos que axudan para superar a súa discapacidade auditiva, en particular nas zonas do rural.

Luis Menor subliñou pola súa banda a “sólida colaboración” que existe entre a Deputación de Ourense e a Asociación de Xordos, comprometendo a cooperación da institución provincial nos actos que se organizarán con motivo do 50 aniversario.