A D.O. Ribeiro e o músico Xabier Díaz presentan a súa colaboración en torno ao seu novo disco “Axúdame a Sentir”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O C.R.D.O. Ribeiro presentará o vindeiro martes, 19 de marzo, xunto co músico e compositor Xabier Díaz, a colaboración entre ambos en torno ao seu novo traballo “Axúdame a sentir” e a súa xira coas Adufeiras do Salitre.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Desta colaboración xurdiu un vídeo promocional que pon en valor a música tradicional galega e a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. A presentación deste vídeo, así como da colaboración entre ambos e da nova etiqueta do viño institucional terá lugar no Centro Cultural Márcos Válcárcel, de Ourense.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, xunto co artista Xabier Díaz, serán os encargados de explicar todos os pormenores desta colaboración tan especial.

PRESENTACIÓN COLABORACIÓN RIBEIRO E XABIER DÍAZ


Martes, 19 de marzo 2024


LUGAR: Centro Cultural Marcos Valcárcel

Rúa do Progreso, 30 32.003- Ourense


HORA: 11.30