A Plataforma en Defensa da Sanidade do Carballiño celebra a chegada dunha nova pediatra

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño, en loita nos últimos meses polo servizo de pediatría en precario, anunciou boas noticias. Na xornada de onte incorporouse unha das pediatras con praza, a través do concurso de méritos para prazas de difícil cobertura por parte da Xunta de Galicia.

A pesar de que é unha boa noticia para as familias, aseguran que seguirán coas accións para que se convoque ese segundo concurso e poder ter unha cobertura do 100%. Polo momento, este venres segue en marcha a reunión coa Valedora do Pobo, que terá lugar este venres en Santiago de Compostela. Queren trasladarlle as 8.541 firmas recollidas en apoio da cidadanía para restablecer este servizo e outras deficiencias do centro de saúde así como das carencias noutras especialidades.

AVANTAR ACTIVIDADES