A Cofradía da Vera Cruz inicia as procesións este venres co traslado da Virxe dos Dolores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Semana Santa carballiñesa consolídase nesta edición como un dos eventos relixiosos e culturais máis relevantes da provincia. Cunha vintena de actos, que inclúen seis procesións, seis saetas, dúas conferencias, un roteiro urbano, dúas exposicións e un concerto, a programación demostra o traballo feito pola Cofradía Vera Cruz do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Despois das diversas actividades que xa tiveron lugar, comezará o ciclo de procesións mañá venres co Traslado da Virxe Dolorosa, no denominado Venres de Dores.

A procesión dará comezo ás 20:30 horas, ao finalizar a Santa Misa. Sairá da Igrexa Parroquial de San Cibrao, seguindo polas rúas Vulcano – Tomás Mª Mosquera – Rosalía de Castro – Curros Enríquez – Rúa dos Canteiros, para finalizar no Templo de la Vera Cruz.

O paso será o da Nosa Señora das Dolores e irá acompañado pola Sección Musical de la Cofradía Franciscana de la Vera Cruz de Santiago de Compostela.