Os nenos e nenas do Colexio Vila do Arenteiro de O Carballiño coñeceron hoxe aos profesionais sanitarios e non sanitarios que traballan no noso centro de saúde de O Carballiño
Percorrerán as zonas de pediatría, odontoloxía, radioloxía, fisioterapia, matrona e sala de urxencias para quitarlles os medos que poidan ter e crearlles seguridade para cando teñan que acudir ao centro.
O proxecto de atención comunitaria “Humanizando e achegando a atención primaria aos nenos: coñece o teu centro de saúde” acadou o pasado mes de febreiro un importante recoñecemento nacional.
Esta intervención vai dirixida a nenos de entre tres e seis anos e consiste nunha visita inmersiva e participativa onde coñecen, xogan e aprenden contando coa participación e colaboración de todos os profesionais.