A noria do tempo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“O mudo sempre camiña,  e faino segundo a cadencia dos cartos que son a ciencia. Sempre manda o vil metal nesta danza ritual que a todos nos enlouquece…”

A noria do tempo sinálamos  o rimo da nosa vida diaria.  Os días,  meses e as estacións   do ano  marcan o decorrer e a forma de vivir.  E neste decorrer están tomando moita forza dúas datas. Estas son: as veces  que  temos a obriga  do cambio de hora. Ou sexa no ultimo fin de  semana de outubro e  ultimo do mes de marzo. Pois  facendo ises cámbios no reloxo semella, aínda que erroneamente,  que entramos no tempo do inverno ou que estamos a encetar  o tempo de verán.

Levamos moitos anos repetindo  esta cantinela; levamos con istes cámbios que, aínda que non o pareza  si afectan e moito na nosa vida diaria, moito  máis de trinta nanos. Pero  a verdade é que, dende que  comenzou esta obriga, sempre se nos vendeu iste modelo afirmando  que era para aforrar enerxía e gañar máis tempo de luz. Con todo,  coido que o dito non é nada máis ca un conto. Non é nada máis ca unha cantinela que vai  nun envoltorio semellante ó preámbulo das leis e dos decretos que sempre din que son en beneficio dos cidadáns. Logo sae o que sae e pasa o que pasa. O cámbio de hora  foi unha forma de vender unha decisión que descoñecemos se serviu pra aforrar enexía, ou si persigue outros obxectivos  que non convén  desvelar. 

Vexamos: nesta nosa terra seguindo o trazado dos meridianos teríamos  a hora de Portugal e as illas Canarias. Mais co cambio que comenzou o pasado 30 de marzo, o que facemos é adintar unha hora, polo que os días son moi longos  e, aínda que non o pareza,  trastocan moito a nosa rutina,  pois perdemos  tempo de descanso.   Pero a idea de manter unha hora única no espazo xeográfico   que vai dende Fisterra ate Maiorca,  lévanos a aceptar a misma hora en todo o Estado.  Mais o que non se entende ben é que teñamos que ir dúas horas por diante si tomamos como referencia a luz solar.  Ben sei que ter dous usos horarios no Estado traería  complicacións e non parece viabel. Mais ainda estando incluídos nun  uso horario que non nos pertence,  a  que ven este cámbio da primavera? Non sería mellor seguir co horario que tíñamos?

O comenzo dixen que a economía e os cartos  marcan en todos os aspectos a nosa vida. E, segundo o que se argumenta aínda que non se di claramente,  o  cambio horario ten moito que ver  cunha  decisión baseada no consumo e polo tanto na economía. Pois aínda que durmamos menos, ou que descansemos menos, ó termos máis tempo de luz,  incentívase  máis o traballo e tamén o tempo de lecer.  E polo tanto, tamén o tempo   de consumir. Si,  o tempo de consumir,  que ó fin e o fallo  é a roda que fai camiñar a nosa sociedade. Pois, non esquezamos que vivimos nunha sociedade de consumo. Unha sociedade  consumista con todas as súas consecuencias positivas e tamén negativas. Eu diría que, a día de hoxe vivimos,  nunha sociedade de  consumo acrítico. Ou si o prefiren,  de  conumo desmesurado.  Polo que,  si os   días son moi longos,  sempre estamos dispostos  ó  lecer e iso tamén xenera cartos , sobor de todo no ramo da  hostelería.

No mundo actual a noria do tempo dá voltas sen parar. E aínda que non o pareza camiña moi de presa. Polo que, co actual  cambio horario, semella que entramos nun tempo que, ficticiamente,  deixa atrás a escuridade do inverno. Mais o de adintar unha hora, por moito que prediquen  dende as diferentes esferas do poder,  á cidadanía non lle ve ningún beneficio. E sí, un desaxuste na rutina da vida  diaria. En fin, mentres non cambie a roda do cámbio horario  que seica será no 2026. e desapareza esta cantinela, non queda outra que adaptarse. 


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas