O rallye do cocido, segunda parada do campionato xunta de galicia de rallyes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes afronta esta fin de semana en Lalín a segunda data puntuable, o Rallye do Cocido.

A cita pontevedresa, que retorna ao certame autonómico logo de varios anos dentro de campionatos nacionais terá un programa de dúas xornadas, coas verificacións e a cerimonia de saida durante o venres 5 de abril e os dez treitos cronometrados durante todo o sábado 6 de abril.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre os inscritos, case un cento de equipos fixeron a súa inscripción na que é considerada unha das citas máis esixentes de todo o certame polo sempre delicado do firme e as cambiantes condicións climatolóxicas que xa sufriron durante os recoñecementos realizados a pasada fin de semana e este mércores e xoves.

Neste inicio de certame repetirán tres vehículos WRC na liña de saída. Os dous Citroën C3 WRC de Víctor Senra-José Murado, Alberto Otero-Jordán Vázquez e o Ford Fiesta WRC de Antón Pérez-Néstor Casal, súmanse a un elenco de sete vehículos da categoría R5/Rally 2, co varios equipos con opcións de pelexar pola cabeza coma os compostos por Alberto Meira- Avelino Martínez; Jorge Pérez-Miram Vera; Iago Caamaño-Alberto Rodríguez; Daniel Berdomás-Brais Mirón o os locais Javier Ramos-Alex Moure, nunha cabeza de competición na que se une o equipo mundialista formado por Roberto Blach e Mauro Barreiro cun Citroën C3 N5.

Ademáis, completan a lista de inscritos varias copas de promoción galegas coma a Top Ten Pirelli Driver Autia B e C, a Pirelli AMF, o Volante FGA e o inicio do Criterium Recalvi, nunha competición que terá unha ducia de equipos na liña de saída do venres.

O programa horario da cita lalinense marca a cerimonia de saida do venres na Rúa da Habana a partir das 20:30 horas e a entrega de premios do sábado, no mesmo lugar, a partir das 23:00 horas, aproximadamente.