A exposición fotográfica “Una mirada hacia la muerte” é a primeira das actividades programadas pola asociación Anacos de Lecer, creada recentemente coa idea de aportar un grao de area á cultura do Carballiño en colaboración con outras entidades xa asentadas na vila. Esta mostra do fotógrafo Ricardo Maldonado pode verse na sala que habitualmente utiliza O Potiños na rúa Rosalía de Castro e recolle unha escolma de máis de 40 imaxes de cómo vive México o seu tradicional Día dos Mortos, cos seus altares, ofrendas e catrinas.
Ana Domínguez, voceira do novo colectivo, explícanos os detalles desta exposición.
A representante de Anacos de Lecer tamén apuntou cáles son os obxectivos da nova asociación. Outra das actividades programadas por este colectivo será a posta en marcha dun ‘club de lectura’, cunha primeira cita que terá lugar mañá sábado, día 6, na Librería Castro dende as 4,30 da tarde.