O Obradoiro de Instrumentos da Deputación clausura o curso 23-24 coa entrega de medio cento de diplomas e un concerto didáctico

Case medio centenar de alumnos e alumnas do Obradoiro de Instrumentos da Deputación recibiron esta tarde os seus diplomas no decurso dun acto desenvolvido no Centro Cultural Marcos Valcárcel e que supuxo ademais o peche do curso 2023-2024.

Un total de 34 títulos foron entregados ao alumnado que participou na construción de instrumentos de percusión, gaitas e requintas. Os 15 diplomas restantes outorgáronse pola participación na Master Class impartida polo músico armenio Hovhannes Karakhanyan.

AVANTAR ACTIVIDADES

O artista, que ofreceu un concerto didáctico, é un recoñecido especialista internacional na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis de 3.000 anos de antigüidade e considerado unha obra mestra do Patrimonio Cultural Intanxible Mundial da UNESCO.