A Deputación mobiliza 640.000 euros en axudas sociais, culturais, deportivas e de cooperación cos concellos da provincia

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención);Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar 638.819,06 euros en diferentes axudas sociais, culturais, deportivas e de cooperación con diversos concellos da provincia.

Así, foron aprobadas as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para proxectos de asociacións e fundacións sen ánimo de lucro para a atención a persoas con enfermidades crónicas e persoas con discapacidades para o ano 2024. Está dotada cun total de 200.000 euros e cada beneficiario poderá obter ata un máximo de 18.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aprobáronse tamén as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para proxectos de entidades sen ánimo de lucro para a atención integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade social para este ano 2024. Está dotada con 100.000 euros e cada beneficiaria poderá obter ata un máximo de 15.000 euros.

En materia deportiva, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2024, dotada con 90.000 euros.

Tamén se lle concedeu á Estación de Inverno Manzaneda SA, unha achega de 71.000 euros para o programa EsquiOU 2024, que foi todo un éxito e no que participaron nenos de entre 9 e 12 anos, baténdose o récord de prazas ofertadas (870).

No que atinxe á cooperación cos concellos da provincia, a Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde ás seguintes axudas: para o Concello de Monterrei, 14.819,06 euros para aforro de eficiencia enerxética; o Concello de Pontedeva percibirá 60.000 euros para cofinanciamento de actuacións; para melloras na iluminación pública en varios lugares da parroquia de Las, o Concello de San Amaro recibirá 48.000 euros; e para a mellora do firme nos núcleos de Sas e Penelas, ao Concello de Castro Caldelas concédeselle unha axuda de 40.000 euros.

En materia cultural, concedéuselle unha achega de 15.000 euros á Asociación Cultural Pen Club de Galicia para gastos de funcionamento desta entidade, correspondentes ao ano 2024.

Modificación CooperOU en Viana do Bolo

A Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou unha modificación, proposta polo Concello de Viana do Bolo, para as actuacións ás que adicará os 113.286,55 euros que lle corresponden do Plan CooperOU 2024.