A Comisión de Heráldica aproba novos símbolos para os concellos do Carballiño e Cortegada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu a reunión na que se lles deu o visto bo aos escudos e ás bandeiras de cada unha destas localidades

O Goberno autonómico leva aprobados 279 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia atendendo ás peticións dos concellos para adaptar os símbolos ao decreto que os regula

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a reunión da Comisión de Heráldica na que se informou de xeito favorable sobre a proposta  para que sexan aprobados polo Consello da Xunta novos símbolos para os concellos ourensáns do Carballiño e Cortegada. Trátase en ambos os casos de escudos e bandeiras.

O Goberno autonómico leva aprobados un total de 279 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia, tras a petición dos respectivos concellos de modificar ou rehabilitar os seus símbolos para adaptalos ao decreto que os regula.

Segundo explicou a directora xeral de Administración Local, os municipios e as demais entidades locais de Galicia poderán adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio e conforme ás normativas de heráldica.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Comisión de  Heráldica é o órgano consultivo da Xunta de Galicia adscrito á consellería competente en materia de réxime local, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sendo a encargada de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas. Ademais, poderá elaborar as correspondentes propostas para a modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras daquelas corporacións locais que así o soliciten, sen ningún cargo para a entidade local interesada.