O Parlamento de Galicia elixe con ampla maioría a Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Parlamento de Galicia afrontou onte a segunda xornada da sesión de investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Primeiro foi a quenda dos grupos parlamentarios con representación: Democracia Ourensana, PSdeG, BNG e PPdeG, por esa orde. A resposta de Rueda chegou pola tarde, á que seguiu a contestación da oposición. A sesión rematou coa votación do candidato, que saíu adiante coa maioría absoluta dos populares e os seus 40 si. Houbo 34 votos en contra e unha abstención.

Tanto a líder do BNG, Ana Pontón, con 25 deputados, como José Ramón Gómez Besteiro á fronte dos socialistas, con nove representantes, xa anticiparon que, tras reclamarse como alternativa nas réplicas, deron un rotundo ‘ non’ ao líder popular.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Armando Ojea, o representante de Democracia Ourensana, optou por absterse, deixando claro que foi un voto de confianza na xestión do popular.

Mañá sábado tomará posesión como presidente da Xunta de Galicia, nun acto que se celebrará no Panteón de Galegos Ilustres.