Sábado, 13 ás 20.30 h no Auditorio
TEATRO (reaOU – Rede de auditorios da provincia de
Ourense)
“MISACLOWN” da ESCOLA GALEGA DE CLOWN
Duración: 55 min.
Público: a partir dos 12 anos
Entrada: de balde
“Misaclown” é un espectáculo de teatro que utiliza a técnica do clown para ofrecer unha
experiencia divertida e única ao redor da Misa. A través da linguaxe do clown, a obra explora de maneira cómica e sen intención de provocar polémica, a forma en que un clown comprende e experimenta a relixión.
O espectáculo non se basea na parodia ou a crítica, senón no enfoque lúdico e torpe do clown ao asumir o papel dun sacerdote. Con humor e tenrura, móstranse os fracasos e as peripecias que ocorren cando o clown tenta entender e levar a cabo cada unha das partes da liturxia.
A través da torpeza e a inxenuidade, revélase unha visión singular da relixión e os seus rituais.
“Misaclown” convida o público a rirse e gozar de situacións cómicas mentres se exploran
temas relacionados coa fe, a liturxia e a espiritualidade desde unha perspectiva clownesca. É un espectáculo que pretende entreter e brindar unha experiencia teatral divertida e peculiar, sen intencións de ofender ou xerar controversias.