O pasado venres día 12 de abril a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño instalou unha mesa informativa na Praza Maior posta a disposición dos veciños. Tiveron buzóns para que a cidadanía deixara suxerencias e reclamacións para a Valedora do Pobo.
Ademais tentarán facer un mural de agradecemento para os profesionais sanitarios cós debuxos que os cativos fixeron na mesa que habilitarán para eles.
A Plataforma comezou a súa actividade reclamando melloras en pediatría. A pesar de ter un profesional xa contratado, queren cubrir tamén a segunda praza. Reclaman unha máquina de raios agora mesmo estropeada, ou un servizo de xinecoloxía en condicións.