O Club Aehde recibe un curso de tecnificación con Luca Lucaroni

O Club Aehde de patinaxe recibiu esta fin de semana un curso de tecnificación de patinaxe artística. Foron tres sesións nas que contaron cun mestre de altura, o coach internacional e trece veces campión do mundo, Luca Lucaroni. As negociacións para levar a cabo este proxecto comezaron no mes de decembro, e segundo a organización, Lucaroni puxo todas as facilidades para impartir este curso.

A tecnificación está dividida en catro seccións por niveis. Estiveron repartidas por grupos no que traballaron flexibilidade, interpretación, física e a parte de patinaxe exclusiva. Esperan dende o club repetir, aínda que conleve moito traballo, xa que é unha satisfacción para eles ver ás nenas desfrutar da patinaxe.

AVANTAR ACTIVIDADES