Avantar presenta as actividades programadas para celebrar o seu 50 aniversario

A Asociación Cultural Avantar presentou esta mañá no concello do Carballiño a súa programación para celebrar o 50 aniversario da súa creación. O concelleiro de cultura destacou que é unha satisfacción para o municipio contar cun colectivo implicado na cultura e a lingua coma eles, e que a súa traxectoria está abalada por este anos de actividade.

Dende a Asociación pretenden revitalizarse e dar unha nova vida ao colectivo atraendo á xente nova. Para iso, teñen preparado unha palestra, o roteiro Manuel María tamén enfocado nos escolares e un programa na nosa canle sobre o presente o futuro do colectivo. Farán tamén unha gala o 6 de xullo no auditorio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os seus favoritos está a foliada do mes de maio, tasca e literatura, o club de lectura, o samaín. Con elas buscan dar a coñecer a nosa cultura e tradición.