O persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta inicia o seu despregamento, por un período de 7 meses

CRUZ DO INCIO (LUGO), 19/07/2022.- Un brigadista marca el punto de recogida con el helicóptero, este martes en Cruz de Incio. La evolución de los dos incendios que siguen activos en el municipio de Folgoso do Courel ha obligado a ordenar el desalojo de más núcleos de población en las últimas horas como medida de prevención, para evitar que el fuego o el humo pueda afectar a los residentes en esas aldeas. EFE/ Eliseo Trigo
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia inicia o seu despregamento, por un período de 7 meses, que se suma ao resto do operativo autonómico. En total, son case un milleiro os profesionais que levan traballando 6 meses ao ano e que a partir de agora aumentarán progresivamente os seus contratos ata os 9 meses, co horizonte de 2026.

Este proceso vén de completar o desenvolvido nos últimos anos para aumentar progresivamente o período de actuación dos traballadores dun dispositivo formado por máis de 3.000 persoas, das que actualmente dous terzos traballan durante todo o ano. Unha vez rematado este novo proceso de estabilización, todos os membros do servizo traballarán, como mínimo, 9 meses ao ano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Precisamente, un dos obxectivos que se persegue con esta ampliación do prazo de contratación é incidir na prevención de incendios, coincidindo coa aprobación do plan preventivo que estará en vigor ata marzo de 2025.