O concello do Carballiño realizou, fai agora un ano, a reforma integral da rúa Carreira. Neste caso, tratouse dunha mellora do servizo de abastecemento e tamén estética, con novas beirarrúas, bancos e vexetación.
Ademais, esta rúa ten agora un compoñente cultural xa que o concello decidiu adicala ao antigos oficios. Fai tempo que tiñan en mente levar a cabo esta iniciativa. Anos atrás, esta rúa estaba adicada a acoller a 43 oficios, polo que a través de placas quedaron retratados, con fotografías históricas e textos explicativos.
Esta iniciativa trasladarase a outras rúas, como a do Ribeiro, cuxo proxecto xa está redactado. O obxectivo final, ademais de poñer en valor o pasado, é o de dar unha nova vida ao rueiro carballiñés.