Esta vindeira fin de semana temos dobre ración de cine no Cine Club Carballiño coa proxección de dous magníficos filmes. Comezan hoxe con “Vidas pasadas”, primeira película de Celine Song, directora de nacionalidade canadiana e surcoreana. Unha fermosísima historia sobre o amor e o desamor, o paso do tempo e a imposibilidade de voltar atrás. Un filme conmovedor e sinxelo, que foi a auténitca revelación do ano 2023. Os pases serán ás 20:00 horas e ás 22:30 en VOS.
Este domingo tamén teremos sesión de filmoteca para os mozos. Neste caso proxectarán o filme “Las ilusiones perdidas”. Lucien é un mozo poeta descoñecido na Francia do século XIX. Ten moitas esperanzas e quere moldear o seu destino. Deixa a imprenta familiar da súa provincia natal para probar sorte en París baixo o brazo do seu patrón. Abandonado rapidamente ao seu destino nesta fabulosa cidade, o mozo descubrirá o que acontece entre bastidores neste mundo consagrado á lei do lucro e da pretensión. Poderase ver o domingo ás 19:00 horas.