A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a cesión de uso de sete inmobles rústicos na Antela

Sinatura convenio Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) e Gumersindo Lamas Alvar (Presidenta do GDR Limia-Arnoia).

O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete inmobles e parcelas cunha superficie de 49,4 hectáreas para a execución do proxecto Aterra

Ourense, 23 de abril de 2024.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación de Ourense e o GDR Limia Arnoia veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas entidades polo que a institución provincial cede o uso de sete inmobles e parcelas rústicas que posúe na Finca da Antela. O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, foron os encargados de asinar o documento que contempla dita cesión de uso.

O pleno da institución provincial do pasado mes de xaneiro aprobara a cesión ao GDR Limia-Arnoia do uso de sete parcelas que a Deputación de Ourense posúe na Lagoa de Antela, cunha superficie de 49,4 hectáreas, para a execución do proxecto Aterra (Fondo de Terras), para solucionar a demanda de terreos agrícolas na Limia e recuperar terras en desuso para dinamizar o territorio. Tal e como quedara de manifesto de aquela e agora se reflicte no convenio asinado, a duración desta cesión será ata a finalización do proxecto e, en todo caso, aos 25 anos da formalización da aceptación da cesión de uso.