O CPI Terras de Maside acolleu esta mañá a Lucas Egás, experto en artes marciais neste caso con Espada Coreana, Haidong Gumdo. De mozo estudaba neste colexio e aproveitou hoxe para volver ás súas orixes para facerlles unha mostra e que puidesen tamén practicar este deporte minoritario e sumar novos adeptos.
Esta modalidade de arte marcial comezou en España no ano 2000 e Lucas, xa mestre nesta disciplina, comezou a practicala e a profesionalizarse no Ximnasio Olimpia. Neste centro impártense tamén outras modalidades. Hoxe quixo poñer a semente deste deporte entre os máis pequenos.