Este venres día 26 o Cine Club pecha o mes de abril cunha película mexicana, recente gañadora do Premio a Mellor Pelicula Iberoamericana do Festival de Cine de Málaga. “Radical”, segundo filme do director Cristopher Zalla está a ser todo un acontecemento, despois do éxito colleitado no seu país. Baseada nuns feitos reais, cóntasenos a historia dun mestre dunha cidade fronteiriza mexicana chea de abandono, corrupción e violencia, que proba un novo método radical para desbloquear a curiosidade e potencial dos seus alumnos, y pode que incluso a brillantez. Os pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas, neste caso ambos en castelán, no Auditorio Manuel María do Carballiño.