O campionato Xunta de Galicia de autocross comeza en O Castro

O Circuito de O Castro en Taragoña acollerá este sábado 27 de abril a primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross, que esta tempada contará con sete citas.

Un comezo de certame que repite en Taragoña (Rianxo) e que contará con un maior número de inscritos que a pasada tempada, incluidos os dous pilotos becados pola Federación Galega de Automobilismo que debutarán dentro da Clase V reservada a Carcross Júnior.

AVANTAR ACTIVIDADES

Outra novidade e o retorno da Clase IV, con catro vehículos inscritos que a bo seguro darán un bo espectáculo.

En canto ao resto de categorías, presencia de prácticamente todos os favoritos aos títulos nas clases I,II e II.

O programa do Autocross de O Castro contempla o comezo dos adestramentos libres ás 10:30 horas. Ás 12:00 horas chegará o turno dos adestramentos oficiais antes do parón do mediodía tralo que se reanudará a competición para afrontar as clasificatorias dende as 14:30 horas e as finais ás 18:00 horas.

A entrega de premios está marcada xusto a continuación das finais.