O Club Aehde O Carballiño organiza a II Fase de Niveis do 4 ao 10 con clubes de todo o sur de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pavillón anexo Paco Chao será sede ao longo da fin de semana dunha concurrida II Fase de Niveis do 4 ao 10 que convoca a Federación Galega de Patinaxe e que organiza o Club Aehde O Carballiño. No evento daranse cita un total de 267 patinadoras pertencentes a 25 clubs do sur de Galicia, entre elasx unha decena na entidade organizadora. O evento arranca o sábado ás 9.30 da mañá ca primeira quenda, na que tomarán parte as patinadoras do Club Aehde, e rematará o domingo ás 20 horas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A II Fase de Niveis é a primeira das oito citas organizativas que ten calendadas o Club Aehde para o no 2024 sumando as citas de patinaxe artística e roller cros e sen contar a tecnificación con Luca Lucaroni de mediados de abril.

O preshow en Lugo

Por outra banda, do domingo abre a súa tempada o grupo de preshow do Club Aehde que toma parte na Lourenzá /(Lugo) na fase preparatoria do campionato provincial de grupos show. Será en horario vespertino.