Alumnos homenaxean a José Manuel Soto, do Ximnasio Olimpia, pola súa traxectoria

O pavillón de deportes de Amoeiro acolleu este sábado un campionato de técnica infantil de taekwondo. Durante este torneo, un nutrido grupo de pupilos do ximnasio Olimpia, entidade que leva anos recolectando éxitos nesta disciplina, amosaron os seus avances no tapiz. O seu mestre, e propietario do ximnasio, José Manuel Soto, recibiu tamén unha homenaxe sorpresa durante esta competición, pola súa dedicación e esforzo no deporte. O alcalde de Amoeiro, José Luis González, fixo entrega dunha placa e os seus compañeiros e alumnos tamén lle entregaron un agasallo.

Algúns dos alí presentes, cinturón negro a día de hoxe, coñeceron a Soto moi pequenos, cando se adentraron nesta disciplina. Unha gran maioría dos seus alumnos ao longo de máis de vinte anos déronse cita para esta merecida homenaxe por unha longa carreira como mestre.

AVANTAR ACTIVIDADES

O homenaxeado non esperaba esta sorpresa, e amosouse moi emocionado con este agasallo. A este día acudiron todos, a súa familia e os seus alumnos dende o ano 87, aos que dedicou e dedica a súa vida. Votando a vista atrás a unha traxectoria síntese orgulloso de todo o traballo feito. Noraboa tamén da nosa parte.