Avantar comeza co Club de Lectura os últimos sábados de mes

Dende a Agrupación cultural Avantar do Carballiño comezaron este pasado sábado cunha nova actividade: o Club de Lectura. Nesta primeira reunión explicaron as ideas que teñen e cal será o funcionamento do club de lectura. Así mesmo nesta primeira xuntanza anotaron a quen ten interese en participar na actividade. A primeira obra da que fixeron análise foi “A estrela que nos guía”, na que se fai unha reflexión sobre a evolución da lingua galega e como reverter a situación de lingua minoritaria na actualidade.

Celebrarase o último sábado de cada mes e reúnense para propor a lectura dun libro, facer a análise do autor da obra e expresar as nosas ideas e opinións sobre os textos escollidos. En ocasións, cando sexa posible, convidarán ao autor, tradutor ou critico literario. Dadas as características da actividade estimase como limite de asistentes, un máximo de vinte persoas, anotándose por orde de solicitude.

AVANTAR ACTIVIDADES