Os traballadores do Servizo Municipal de Emerxencias do Carballiño reuníronse de novo nunha concentración na Praza Maior do Carballiño. Hoxe estiveron secundados polos sindicatos CIG, CNT, CSIF e CCOO, entidades que veñen apoiando a súa causa dende o inicio. Reclaman unhas condicións de traballo dignas e os equipamentos necesarios. Aseguran que seguen ser ter noticias de cando se realizará a mesa de negociación que semanas atrás se puxo para o 24 de abril e que non se celebrou.
Do mesmo xeito iniciaron unha recollida de sinaturas o pasado día 30 de abril durante a feira e que continuará nos vindeiros días.