O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e coñece o funcionamento da Deputación da man do vicepresidente segundo, César Fernández

RECEPCIÓN A ALUMNADO DO CEIP MESTRE VIDE. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández Gil, recibe no Pazo Provincial a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide con alumnos turcos e do propio colexio.. No Salón de Plenos.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide. Na recepción, César Fernández explicoulles o funcionamento da institución provincial e o papel tan importante que exerce de cooperación cos concellos ourensáns.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo da Deputación, que lles desexou unha “gran experiencia” en Ourense, tamén lles aclarou que no Salón de Plenos “nos reunimos unha vez ao mes todos os grupos políticos para deliberar sobre asuntos que son de interese para a provincia”.

Na visita participaron máis de medio cento de alumnos e alumnas do Mestre Vide, xunto aos cinco alumnos do programa Erasmus procedentes de Esmirna (Turquía). Estiveron acompañados por dez profesores -cinco do programa Erasmus- encabezados polo director do centro, Juan Regal.