Hoxe, Badal Novas fixo unha visita sorpresa ao Colexio Sagrado Corazón. Os mozos deste centro comezaron hoxe coa iniciativa “Traballo por proxectos”, que se impartirá en diferentes materias para todos os cursos baixo o nome “Conexión Arenteiro”. Cos contidos que elaboren nas diferentes materias, pretenden que o resultado final sexa a gravación dun magazinne
O que buscan, como di a súa profesora, é unha mellora en expresión oral e escrita e as competencias de traballo en equipo. Hoxe falamos con eles sobre algúns dos aspectos nos que traballarán nas próximas semanas.