O Cine Club proxecta mañá mércores o documental “Chichi e máis eu”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta semana o Cine Club muda o día habitual das proxeccións, xa que en lugar do venres será mañá mércores día 8 de maio, cunha sesión de Filmoteca, neste caso unha película galega recentemente estreada, “Chichi e máis eu”, dirixida polo cineasta Nico Campos, e centrada na figura do seu pai. Xesús Campos foi sen dúbida un dos xornalistas e humoristas gráficos máis salientables e talentosos das décadas dos setenta e oitenta, caracterizado ademais pola súa vea crítica e activista. Antes da proxección presentarán a reedición do libro “Estampas dun mundo elegante”, que recolle a produción gráfica de Chichi así como moitas colaboracións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tanto para a presentación do libro como para a do documental contarán coa presenza do seu director, Nico Campos. A proxección empezará ás 20:00 horas no Auditorio Manuel María como é constume. A entrada ten un custo de 2 euros.