A Deputación de Ourense colabora na IV Xornada de Traballo e Saúde que se está a celebrar no Centro Cultural Marcos Valcárcel

IV XORNADA DE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na inauguración das IV Xornada de Traballo Social e Saúde, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Tamén participan José Ramón Parada Jorgal (Director do SERGAS), Miriam Rodríguez Sierra (Presidenta do Coleixo Oficial de Traballo Social de Galicia), Celsa Perdíz Álvarez (Presidenta do comité organizador) e Felix Rubial Bernández (Xeretente da Área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na inauguración da IX Xornada de Traballo e Saúde que se está a celebrar en Ourense baixo o título “Saúde, comunidade e traballo social sanitario”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Rosendo Fernández agradeceu ao comité organizador deste evento que escollera Ourense para celebrar esta xornada que “ofrece un espazo de inspiración e aprendizaxe” a numerosos profesionais do sector que están interesados en discutir colectivamente sobre a importancia da comunidade, o territorio e a rede nos procesos de saúde e enfermidade.

Así mesmo, o deputado de Representación Institucional reivindicou que ademais “a nosa provincia ofrece unhas condicións idóneas para organizar eventos ligados a experiencias de valor engadido no territorio”. Froito do traballo realizado polo goberno provincial de impulso ao turismo de eventos e congresos na provincia, “estase a notar que cada vez son máis as asociacións e organizacións que, coma vós, escollen Ourense para celebrar os seus congresos ou reunións”.

Esta xornada, que serve de impulso para a profesión en xeral e do traballo social sanitario en particular, está organizada polas Xefas de Servizo e Traballadoras Sociais das diferentes Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia COTSG e a Asociación Española de Trabajo Social y Salud AETSS.