O presidente provincial asistiu hoxe á visita realizada a este centro educativo no que a Xunta investiu preto de 3 millóns de euros na súa ampliación
“Comprometinme a que a Deputación asumiría a mellora do vial e as obras comezarán de inmediato, unha vez que por fin parou de chover, coa fin de gañar en seguridade neste entorno”, dixo Menor
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na visita á reciente ampliación do IES Xesús Ferro Couselo, que acometeu a Xunta de Galicia por case 3 millóns de euros.
A esta visita asistiu o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; e o equipo directivo do instituto, encabezado pola súa directora, Ana María Gómez Mesejo.
O presidente provincial, Luis Menor, amosouse satisfeito “cunhas obras de mellora e ampliación na que o alumnado, equipo docente e persoal administrativo do centro poderedes desempeñar mellor o voso labor”. Neste senso, abondou na importancia da cooperación institucional neste tipo de accións, anunciando o inminente inicio das obras de mellora do vial exterior do instituto, “foi un compromiso da primeira vez que estiven aquí hai uns meses e os traballos comezarán de inmediato, unha vez que por fin parou de chover, coa fin de gañar seguridade e unha mellor mobilidade neste entorno”.