Rexistro moción conxunta Psdeg-Psoe – Bng solicitude pleno extraordinario concello Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

DNA. NATALIA GONZÁLEZ BENÉITEZ, voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense, e D. XOSÉ LUIS SEARA FERNÁNDEZ, voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ourense, en base ao disposto no artigo 46.2 da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local e no artigo 63 do Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicación,

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

EXPOÑEN

Concello de Ourense, ano 2024. ”ll planificación  é clave, no trabal/o e na vida” afirmaba o Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome o 1 de maio, Día Internacional dos traballadores e das traballadoras, tras trescentos vinteún días á fronte do goberno municipal da cidade de Ourense.

Acompañaba  a  súa  rotunda  afirmación  dun  calendario  no  que daba canta  das  datas  máis relevantes para este ano. Dende os grupos municipais do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego comprendemos a complexidade de xestionar a terceira cidade de Galicia e a necesidade de empregar trescentos vinteún días para poder ubicar no calendario o San Martiño e o Nada!, ante a dificultade de buscarlles unha data.

Toda vez que isto queda  axendado, e aclarado, podemos  abordar otros asuntos, que sen ter, dende lago, a mesma relevancia, consideramos que deben ser tidos en canta polo actual goberno municipal.

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asumía a súa incapacidade para aprobar un orzamento para a cidade neste exercicio no pasado Pleno ordinario do Concello, confirmando que esta grave irregularidade se manterá, cando menos, ata o 2025.

Por qué é tan importante ter un orzamento? Porque permite planificar e desenvolver obxectivos políticos.  Permite  fixar  prioridades,  deseñar  investimentos,  incrementar  gastos,  controlalos, suprimir aqueles que non son eficientes ou, mesmo buscar novas formas de fiscalidade.

A pandemia mudou a realidade e un orzamento aprobado no ano 2020, que non estaba deseñado para abordar as consecuencias derivadas da crise sanitaria da COVID 19, non permite avanzar nin asumir os retos que ten por diante o Concello de Ourense.

Segundo os datos da última liquidación aprobada (xa que a deste exercicio non foi conformada, nin aprobada nos prazos estipulados legalmente) observamos, con preocupación, que o Concello de Ourense se atopa nunha situación de déficit financieiro de case un 10%, máis de 20 millóns de euros na canta 413 (acreedores por operacións pendentes de aplicar a orzamento), 12 millóns de euros en facturas sen tramitar, 25 millóns de euros reparados pala intervención municipal,

na  súa meirande parte por carecer dun contrato xurídico válido, expedientes de incorporación de remanente  con omisión de función interventora, e xa neste exercicio, con informes técnicos desfavorables, se veñen a sumar contratos licitados sen crédito para a súa adxudicación, penalizacións pala morosidade e un periodo medio de pago a proveedores que triplica o máximo permitido pala lei.

Esta situación económica e de contratación ten tres graves consecuencias:

Primeiro: particulares, empresas e autónomos acumulan certificacións sen tramitar, facturas sen aboar e débedas que están a xerar xuros á administración.

Segundo: que as persoas máis necesitadas sexan as paganas da situación.

E terceiro. a merma, detrimento  e deterioro  dos servizos públicos obligatorios que debe prestar o Concello de Ourense e que actualmente presta por xestión  indirecta  mediante o réxime de concesión.

Todas as concesións  do Concello de Ourense están caducadas. todos os servizos públicos munjcipajs están en precarjo. O Consello Consultivo de Galicia dí, a respecto desta situación, que estamos diante dunha “grave irregularidade en materia de contratación administrativa, en canto o servizo estase a prestar sen abeiro legal. Esta situación, contraria aos principios de eficacia e legalidade, que debe presidir todo tipo de actuación administrativa, debe ser corrixida polo Concello de Ourense coa maior celeridade e dilixencia posible”.

o correcto  funcionamento destes  servizos  repercute directamente na  calidade de  vida  da cidadanía, polo que xestionalos con eficacia e calidade debe ser unha prioridade do goberno.

o artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL) recolle as  competencias dos municipios, sinalando que os mesmos, para a xestión dos seus intereses e no  ámbito das súas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza e en todo caso

debe prestar obrigatoriamente as seguintes:

a)   Urbanismo: plan,  xestión, execución e disciplina urbanística. Protección e xestión do Patrimonio histórico. Promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sustentabilidade financeira. Conservación e rehabilitación da edificación.

Ourense cumple 13 anos sen Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado, trala anulación, por varias sentenzas, do Plan Xeral do ano 2003 do PP, o que se traduciu nun parón urbanístico sen precedentes, a fuxida de proxectos millonarios, a ausencia de capital inversor, tempos de agarda de máis de dous anos para a concesión de licenzas,

a máis elevada de Galicia e das peores do Estado Español, sen unha soa política de promoción de vivenda pública e co abandono do patrimonio histórico.

b)   Medio ambiente urbán: en particular, parques e xardíns públicos, xestión dos residuos sólidos urbáns e protección contra a contaminación acústica, lumínica e atmosférica nas zonas urbanas.

Sen contrato de mantemento de parques e xardíns, a protección contra a contaminación acústica sen unha ordenanza  xaeitada causa un perxuízo ao dereito da veciñanza ao descanso.

Adxudicado o  contrato do servizo de limpeza urbana e recollida e transporte de residuos sólidos urbanos no Concello, Ecourense, iniciou a prestación do servizo en data 1 de abril do 2010. En precario dende o 31 de marzo do 2022, momento no que a empresa adxudicataria asumiu o compromiso de continuar coa prestación do mesmo de xeito que se estaba prestando e admitindo que era “un deber para eles por tratarse de un servizo  de  carácter  esencial”,  amparado legalmente polo principio de continuidade do servizo regulado expresamente entre as abrigas das concesionarias nas sucesivas leis de contratos e do regulamento dos servizos das corporacións locais.

Á empresa adebédanselle 4.784.661,68 euros entre 2022 e 2023, dos cales, 2.073.028,96 euros xa foron recurridos no Xulgado Contencioso Administrativo

O goberno prevé un custe anual na nova licitación de 12,2 millóns de euros a 1O anos. Do estado da nova licitación non constan máis datos que un procedemento de contratación, á marxe  da  licitación  da  xestión  do  servizo,  que  prevía  a  adquisición  de  case  3.000 colectores  de  lixo  en  superficie  para  residuos  sólidos   urbanos,  envases  lixeiros, papel-cartón, vidro e biorresiduos (a coñecida como quinta fracción, que a lexislación vixente abriga a recoller de maneira independente), que non se pode levar a termo por ausencia de crédito, e quedando aínda pendente a renovación dos colectores soterrados, clausurados por motivos de seguridade no 2014, e que Gonzalo Pérez Jácome prometeu arranxar en 90 días.

Suministro de enerxía eléctrica

Finalizado o acordo marco coa Federación Española de Municipios e Provincias, desde o

1 de xaneiro do 2024 aos puntos de suministro superiores a 10 kw aplícaselle a tarifa TUR, tarifa de último recurso, penalizados cún recargo do 20%, ao que debemos sumar o incremento do 30% na compensación pola excepción ibérica a gas natural

e)   Abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais.

O servizo de Abastecemento de Auga Potable e Saneamento do Concello de Ourense, adxudicado á empresa Viaqua, está en precario desde o 1 de setembro de 2018.

O 27 de outubro do ano 2022 publicábase un estudo de viabilidade económico-financeira do servizo, paso previo e preceptivo para a licitación do servizo, que actualmente está orzamentado en 5,5 millóns de euros, e que prevé un custe total aproximado para a nova licitación de 8,5 millóns de euros.

O estudo ofrécenos dous datos relevantes: dunha banda presenta unha desviación de 2,4 millóns de euros, entre custes e ingresos derivados da prestación, que xustificaban a comezos deste ano o interese do Alcalde de subir as taxas municipais, alegando unha obrigatoriedade legal que non existe, e doutra, confirma que a metade da rede de saneamento da cidade é demasiado antiga para cumplir cos estándares que se esixen na actualidade neste servizo e proxecta un plan de obras por un importe de máis de 60 millóns de euros, dos cales 20 millóns van destinados a unha obra que nada ten a ver co saneamento, e a necesidade de implementar a lectura dixital cun custe de 8 millóns de euros máis.

Case parellamente no tempo coa afirmación do alcalde, a empresa que segue a prestar o servizo  en precario, sen estar amparada por un acordo xurídico válido, reclamaba  ao concello de Ourense débedas por valor de case 14 millóns de euros.

En concreto, o que reclama a compañía é o pago pala xestión da fase 2 dos tanques de treboada e do bombeo do Cauto, estando pendentes as liquidacións dos exercicios 2020 e

2021; os da potabilizadora de As Coiñás desde o 2015, aboándose únicamente a liquidación  do 2019; os da nova depuradora de Reza  desde o 2018, sen que conste aboado ningún ano; os da EDAR de Santa Cruz e as estacións compactas de depuración e os atrasos correspondentes á actualización da revisión de prezos correspondentes aos exercicios 2018, 2019 e 2020; a fase 1 dos tanques de treboada e o bombeo Montealegre, sen que conste aboada ningunha liquidación desde o exercicio 2018.

d)   lnfraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade.

Están en precario os contratos de Limpeza de edificios municipais e de centros escolar

e) Avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

A supresión do servizo do comedor sobre Rodas, a eliminación do programa de atención a persoas migrantes e as Unidades de Intervención Social (UNIS), a non renovación dos contratos das traballadoras e traballadores postcovid, a eliminación das axudas de concorrencia competitiva ás entidades do terceiro sector e do Plan de infancia e adolescencia do Concello. As bases de axudas a libros e comedores escolares son as mesmas que hai 5 anos, polo cal, 90 familias volver quedar excluidas. Suprimiuse tamén o programa de atención a familiar monoparentais e monomarentais e non se vai reabrir a ludoteca das Lagoas. Tampouco se chegou a por en marcha o anunciado programa de atención a persoas que viven soas, so queda o fin do contrato do Servizo de Axuda no Fogar, que actualmente atende a máis de 500 persoas maiores, dependentes, e que entra en precario en novembro deste ano, tendo manifestado a empresa, actual prestataria do servizo, a súa non continuidade, sen visos por parte do goberno actual de iniciar os trámites da nova licitación a 6 meses de que entre en precario.

f) Policía local, protección civil, prevención e extinción de incendios.

As traballadoras e  traballadores municipais dos servizos de policía e bombeiros, entre outros servizos esenciais, están a sofrir, desde hai 3 meses, o impago de parte das súas nóminas, como consecuencia de ter que cumplir a sentenza xudicial que anula o capítulo de persoal do orzamento, retrotraendoo ao 2014.  Sentenza que se produce pala teimosía do goberno bipartito PP-00, ao incumplir un precepto legal como é a negociación colectiva.

g) Tráfico, estacionamento de vehículos e mobilidade. Transporte colectivo urbano.

Guindastre e ORA

Os  servizos económicos do concello, na memoria do custe dos servizos municipais do exercicio 2022,  indican cun desglose detallado o seguinte sobre este servizo: “Sen datos dende 2016”.

En manos do Grupo Doal desde 2006, o servizo de ORA e guindastre, cun custe anual de 1,4 millóns de euros,  suma case oito anos en precario. A concesión do servizo da ORA está desactualizada, co perxuízo que isto ocasiona ás usuarias e usuarios que o empregan.  Un  servizo  obsoleto  que  canta  cuns  parquímetros  decimonónicos, que  só admiten cantidades en metálico xustas, que non permiten aproveitármonos das novas tecnoloxías, como os smartphones, para o pago ou a identificación de matrícula e soportando as tarifas e multas máis elevadas de Galicia

Transporte urbano

En precario dende o 11 de maio do ano 2015, en xuño do 2023 houbo un borrador de memoria, un estudo económico e uns pregos, que ninguén viu, agás, segundo se dixo, o presidente da Deputación nunha reunión celebrada hai unhas semanas co alcalde de Ourense. A licitación ía ser inminente dixeron pero vai cumplirse unha década da precariedade e un ano desta afirmación.

Cando   se   realizou   a   compra   directa  dos   novas  autobuses  o  goberno  municipal argumentaba, entre outros, que con ela se ía suavizar o canon na nova concesión e se obtería un mellar servizo. Esta dotación extra permitiría, por exemplo, 2 novas liñas troncais e circular con mellares frecuencias cas deseñadas inicialmente. A versión Alpha 3.0

Esto  sucedía en novembro  do  2022. Hoxe, non temas licitado  o  servicio. Non  ternos pagados os autobuses. Non ingresamos a subvención da compra e os eléctricos non poden funcionar porque da que buscaban ubicación no calendario para os maios… non foron quen de lembrar incluir no prego de contratación do suministro de autobuses eléctricos a necesidade de estacións de carga. Un despiste sen importancia.

O Concello desembolsa 5,5 millones cada ano, e desde que está en precario, as facturas incrementáronse conforme ao incremento dos custes chegando a superar os 7 millóns de euros anuais

A realidade do concello é enormente delicada. Sen orzamentos, co transporte urbano e a conservación e mantemento de instalación semafóricas en precario dende o 2015, a regulación do aparcadoiro en vía pública e inmovilización de vehículos dende 2016, o abastecemento, saneamento e verquidos dende 2018, a teleasistencia domiciliaria dende o 2022, o suministro de enerxía eléctrica e recollida de residuos sólidos urbanos dende o 2022, así como a limpeza dos edificios municipais e centros escolares.

A aprobación dun orzamento e a licitación pública dos grandes contratos, todos eles en precario, é determinante para mellorar a xestión pública e parían fin á débeda que está a acumular o Concello de Ourense e que está a chegar aos 30 millóns de euros, á marxe das reclamación que xa están xudicializadas e que ocasionan que servizos esenciais do Concello de Ourense non se estén a prestar cumprindo sequera uns mínimos de calidade e eficiencia, e que supón un perxuízo para a veciñanza da cidade

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista e o Grupo Municipal Nacionalista no Concello de Ourense, ao abeiro do Regulamento Orgánico de Organización e Funcionamento do concello de Ourense SOLICITAN:

A convocatoria dun pleno  de carácter  extraordinario cos seguintes  puntos na ORDE DO

DIA:

1.   Convocatoria urxente  da xunta  ele  yocejros e vocejras  na que se  dea canta do estado actual de todos e cada un dos servizos en precario do Gonce/lo de Ourense coa asistencia dos  técnicos e técnicas ou trabal/adores/as municipais responsables dos diferentes servizos para buscar solucións inmediatas e eficaces.

2.  A  aprobación do  expediente   de  licitación do  Servizo  de  Axuda  no  Fogar  do

Concello de Ourense de xeito inmediato. coa máxima prioridade e urxencia

3.  Esixir  ao Goberno  Municipal a licitación pública inmediata dos contratos que actualmente se atopan en precarjo.