A Deputación de Ourense colabora co XIV edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, “cita referente no panorama paisaxístico”, destaca Luis Menor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na inauguración desta “cita consolidada no panorama paisaxístico e referente a nivel estatal, por ser o único con estas características, que atrae cada ano a preto de 40.000 visitantes”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Festival, que poderá visitarse ata o 31 de outubro, acolle doce xardíns efémeros de paisaxistas galegos, madrileños, ecuatorianos, portugueses e austríacos, con espazos dedicados a diferentes estilos artísticos

Allariz, 11 de maio de 2024.

A Deputación de Ourense colabora coa XIV edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, “unha cita consolidada no panorama paisaxístico e referente a nivel estatal, por ser o único con estas características, que atrae cada ano a preto de 40.000 visitantes”, salientou hoxe o presidente provincial, Luis Menor, na inauguración do Festival.

Trátase da décimo cuarta edición deste Festival que nesta ocasión se celebra coa temática “O xardín é unha obra de arte”, ata o 31 de outubro. Alberga doce xardíns efémeros seleccionados de entre case corenta propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial.

O Festival tamén contribúe á concienciación ambiental sobre todo nas xeracións máis novas,  xa que conta cunha parcela  fixa dedicada sempre as creacións dos centros educativos de Allariz, e ten un enfoque directo cara á sustentabilidade e á adaptación ao cambio climático.

Neste sentido, Luis Menor afirmou que o Festival  Internacional de Xardíns “contribúe ao desenvolvemento cultural, turístico e medioambiental do concello e, tamén de toda a provincia, sendo así mesmo un importante recurso a nivel local e provincial”. Puxo en valor o carácter “innovador e diferenciador” desta proposta que é “a única iniciativa deste tipo na Península xunto co Festival de Ponte Da Lima”.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é un espazo que aporta innovación e creatividade, mediante as verdadeiras obras de arte que son os xardíns. Trátase dunha “iniciativa que aporta calidade de vida ao rural e que contribúe a fixar poboación no mesmo, dinamizando a economía local e promovendo o turismo”, engadiu o presidente provincial.