O delegado territorial da Xunta reúnese co presidente da Deputación de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, continúa na Deputación Provincial a súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Pardo reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, xuntanza na que actualizaron as boas relacións existentes entre ámbalas dúas institucións e afondaron en temas de cooperación do ámbito social e de infraestruturas, para seguir na liña de máxima colaboración entre a administración provincial e a autonómica.