A Deputación celebra a festividade de Santa Rita, “un día para confraternizar e reforzar os lazos que nos unen”, explica Luis Menor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense vén de retomar os actos festivos con motivo da súa patroa, Santa Rita. Este xeito de celebrar a festividade das administracións locais e provinciais sustentouse con actividades como BTT, pádel, fútbol 8, xogos populares e xogos de cartas e dominó, así como cun xantar ao que acudiron máis de 300 persoas.O presidente provincial, Luis Menor, quixo agradecer aos 759 membros da plantilla da Deputación “polo voso labor, esforzo e compromiso diario. Sen todos e todas vós, nada sería posible na Deputación nin seríamos a administración eficiente e exemplar que somos”. Tamén tivo Menor palabras de gratitude para os 26 empregados provinciais que se xubilaron neste ano, aos que lles desexou unha nova etapa vital plenamente feliz: “Merecedes unha marabillosa xubilación polo voso gran traballo”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO