O Concello de Piñor informa da realización da actividade “CINE EN FAMILIA” o vindeiro sábado 8 de xuño ás 20:00h no Centro Cultural de Arenteiro.
O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, ademais de traballar con familiar de forma individualizada, leva a cabo actividades comunitarias destinadas a traballar obxectivos concretos do programa. Un dos temas importantes nas familias é compartir tempo de ocio, ese tempo que moitas veces por sobre carga laboral ou situacións de estrés non é posible conquerir. No tempo de ocio trabállase o vínculo familiar, algo fundamental para o desenvolvemento persoal dos nosos cativos. O Programa de Educación Familiar está financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027.
O film escollido para proxectar denomínase “Thabo y el caso del rinoceronte”, que data de xaneiro deste mesmo ano, co cal seremos das primeiras iniciativas en ofrecer esta longametraxe dun xeito gratuito. As familias e cativos poderán desfrutar dunha historia baseada na aventura dun neno e dunha nena, na cal se tratan valores tan importantes como o respecto ós animais, a amizade, etc. Ademais, desfrutarase dunha palomitada durante o evento.
Dende o Concello de Piñor anímase a participar nesta iniciativa novidosa, e que ademais será unha das primeiras a levarse a cabo no novo Centro Cultural, sito en Arenteiro.