Dacón celebrou o día grande da Santa Rita con procesión e misa solemne

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A veciña localidade de Dacón, no municipio de Maside, celebrou hoxe con moita devoción a festividade da súa patrona, Santa Rita, cunha serie de actos que comezaron cun pasarrúas a cargo da banda de Rubiós e continuaron, ao mediodía, coa procesión polas rúas do seu núcleo urbano, seguida dunha misa solemne na igrexa parroquial, oficiada polo bispo da Diócese, monseñor Leonardo Lemos. Baixo un ceo anubado con raxas de sol, centos de devotos participaron no percorrido coa imaxe da santa seguindo o itinerario tradicional, con saída e regreso ao templo, polo casco urbano e a estrada N-541 que cruza a localidade.

Rody, Óscar e Narciso, integrantes da comisión organizadora dos festexos, comentáronos o programa previsto:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta noite, a verbena correrá a cargo dos grupos La Fórmula e Explosión, que darán paso á xornada de mañá, xoves, onde os pasarrúas correrán a cargo da charanga Castro Bello, mentres pola noite las orquestas Satélites e Miramar amenizarán o baile nocturno. Xa para o venres está programada a primeira edición do ‘Dacon Fest’ cunha discoteca móvil e varios djs, e na que se sorteará un premio de 500 euros.