Estudantes do Carballiño percorreron esta mañá o roteiro de Manuel María

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os estudantes dos centros de ensino do Carballiño están a ser os protagonistas dunha das actividades programadas neste mes de maio pola Agrupación  Cultural Avantar na conmemoración do 50º aniversario da fundación desta entidade. Concretamente, trátase do xa tradicional Roteiro de Manuel María, un itinerario polas rúas, prazas e paraxes da vila do Arenteiro que o poeta nado na Terra Chá plasmou na súa obra “Cantigueiro de Orcellón”. Deste xeito, alumnos de primaria do colexio Sagrado Corazón foron citados ás 11,00 desta mañá na contorna do templo da Veracruz, de onde partiron cun ‘arrieiro’ da asociación para percorrer a ruta poética. Xa mañá, venres, será a quenda dos estudantes de secundaria, que  levarán a cabo o roteiro desde o mesmo punto de orixe.

O guía deste itinerario, Darío Anxo Rodríguez, comentounos as características do itinerario:

Un dos profesores do centro destacou a figura de Manuel María e agradeceu o compromiso dos organizadores: