Luis Menor ofrece cooperación institucional “dentro das competencias propias” á Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos

RECEPCIÓN DIRECTIVA PRAZA DE ABASTOS. O presidente provincial, Luis Menor, recibe no despacho da Deputación á directiva da Praza de Abastos de Ourense, representada polo seu presidente Emilio González Iglesias, o Xeretne Alberto González Villar, e o resto da directiva Ángel Rodríguez Ferreiro, María del Carmen Vidal Cruz, Paula Feijoo Calviño, Emilio González Iglesias e Xosé Antonio Fernández Navarro.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá á directiva da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Ourense, encabezada polo seu presidente, Emilio González, reunión na que os empresarios expuxeron o longo proceso que están a vivir desde 2018, data do seu traslado provisional, e o seu desexo de instalarse canto antes no renovado edificio.
Ademais de recalcar que a execución da obra ten puntos por rematar, os praceiros tamén abundaron en necesidades como a construción dunha pasarela que facilite o acceso ao edificio, así como a dotación de máis prazas de aparcamento. Menor brindou a “cooperación institucional dentro das competencias propias e na medida das nosas posibilidades”.