Os cativos destacan con debuxos a calidade dos produtos da Praza de Abastos

Alumnas e alumnos do colexio Sagrado Corazón do Carballiño participaron nun obradoiro artístico co que tentan poñer en valor a cercanía para os clientes e a calidade dos produtos que se comercializan na Praza de Abastos, unha iniciativa que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta, o Concello, o Centro Comercial Aberto e os placeiros. Nun acto desenvolto na mesma praza, os escolares, acompañados por integrantes do profesorado, mostraron os seus debuxos ás autoridades, baixo os acordes do gaiteiro Isidro Vidal.

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, foi o encargado de recibir aos asistentes:

O representante dos placeiros, Eligio González, solicitou apoios para o relanzamento do centro de abastos:

Adrián Novoa, docente do colexio, valorou o traballo do alumnado:

O novo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, anunciou as axudas que pón en marcha a Xunta para os centros comerciais:

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------