Novo éxito de afluencia no evento “Pon unha foto na rúa”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano máis, a Asociación O’Potiños quere contaxiar a paixón pola arte da fotografía a todos os veciños, veciñas e visitantes do Carballiño. A entidade cultural, en colaboración co Concello, organizou unha nova edición de “Pon unha foto na rúa”, que se desenvolveu onte domingo na Praza Maior.

Todos os que o desexaron foron retratados nun escenario preparado pola florería carballiñesa Arual. A roupa de época que se puido ver foi cedida pola feira A Pepa Loba. As imaxes serán entregadas aos seus propietarios unha vez sexan expostas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En torno a dez fotógrafos da Asociación foron os encargados deste traballo, procedentes de toda Galicia. A iniciativa leva dez anos en marcha. Ao comezo, a xente era máis reticente, pero agora son cada vez máis os que animan a ser fotografados. Ademais, nesta ocasión tamén tiveron algunha sorpresa con eles.