Publicado no Dog o Decreto polo que se aproba a bandeira do Concello do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

DECRETO 153/2024, do 20 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello do Carballiño (Ourense)
O Concello do Carballiño (Ourense) considerou conveniente organizar correctamente o
seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme as normas
da heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais
vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica da bandeira, para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de
xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que
se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Real decreto
2568/1986, do 10 de decembro, que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica de Galicia, por proposta da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de maio de dous mil vinte e catro,
DISPOÑO:
Artigo único
Aprobar a bandeira do Concello do Carballiño (Ourense), organizada do seguinte xeito,
da cal se achega como anexo unha representación gráfica:
Partida ao centro. Na hasta, o pano amarelo co carballo arrincado de verde e os dous
osos na súa cor natural empinados ao tronco. No batente, de azul con catro ondas de
branco.
Santiago de Compostela, vinte de maio de dous mil vinte e catro
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO