A segunda Xuntanza de Clásicos do Irixo xa contan con 75 coches inscritos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A segunda edición da xuntanza de coches clásicos do Irixo celebrarase o sábado 8 de xuño. Dende a organización anuncian que xa teñen 75 coches inscritos e máis de 160 participantes. O prazo de inscrición rematará o día 5 de xuño. A participación inclúe un almorzo, dúas rutas, sesión vermú, xantar, recordatorio e pegatina identificativa do vehículo. Ao remate, a partir das 17:00 horas, haberá un dúo musical, un bar aberto e exposición dos vehículos participantes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Será unha xornada completa de desfrute para os amantes do mundo do motor clásico, onde ademais haberá agasallos para os participantes. Tamén entregarán cinco premios: ao coche máis antigo, ao que ven de máis lonxe, ao mellor restaurado, á participación máis chamativa e ao gañador do reto, que será contabilizar cruceiros e fontes do Irixo.