Mitin do PP no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nun mitin do candidato celebrado na Casa da Cultura do Carballiño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Adrián Vázquez: “Para poñer en valor en Europa produtos senlleiros como o pulpo á feira do Carballiño temos que conseguir unha rebaixa do IVE nos alimentos”

·       O candidato ás Eleccións Europeas destacou o compromiso da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, que onte na romaría popular do Pino afirmou que o grupo popular europeo apoiará a iniciativa do PP de España para a creación dunha comisaría específica de agricultura, “sen que haxa comisarios dedicándose á defensa do sector primario a tempo parcial”

2, xuño, 2024. O candidato do Partido Popular ás Eleccións Europeas, Adrián Vázquez, defendeu hoxe a rebaixa do IVE nos alimentos, nomeadamente a carne, as conservas e o peixe, medida que segundo afirmou “permitirá poñer en valor en Europa produtos senlleiros como o pulpo á feira do Carballiño, unha actividade que ademais de tradición ten un significativo peso económico e de emprego”.

Na Casa da Cultura da vila do Arenteiro, Adrián Vázquez referiuse á presenza da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, onte sábado na romaría da localidade coruñesa do Pino. Un “espectacular mitin”, dixo, no que a mandataria da Unión Europea asegurou que o grupo popular europeo fará súa a iniciativa do PP español para a creación de comisarías específicas de agricultura, pesca e medio ambiente, de tal xeito “que non haxa comisarios a tempo parcial facéndose cargo da defensa do sector primario”.

O candidato popular tamén fixo un chamado aos próximos representantes da cidadanía no Parlamento Europeo para que afronten os cambios que se precisan noutros ámbitos, entre os que citou “menos burocracia, maior flexibilidade e máis sensibilidade cos esquecidos pola transición enerxética”.

LUIS MENOR PIDE AO PP OURENSÁN QUE “NON DEIXE UNHA PORTA SEN PETAR”

No mitin do Carballiño tamén interveu o líder do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, que pediu aos seus que “non deixen unha porta sen petar”. Nestas eleccións, engadiu, “necesitamos que todos os nosos alcaldes, portavoces, concelleiros e militantes percorran cada un dos pobos e lembren que Ourense tense que facer notar en Europa”.

A punto de iniciar a recta final da campaña electoral ás europeas, Luis Menor subliñou o moito que se xoga o PP ourensán o domingo día 9: “Nin máis nin menos que demostrar que o continuo aumento do apoio electoral ao PP na provincia desde as xerais de 2023 é toda unha demostración da nosa forza como partido de goberno, que é o quere a cidadanía”.

O presidente provincial mostrouse seguro da confianza que o PP vai obter na comarca do Carballiño, como así o demostraron os votantes no 2019, cando a porcentaxe de apoio nas europeas foi do 42 %.