O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá, no Bispado de Ourense, co Monseñor Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense, dentro da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
A reunión transcorreu nun clima de cordialidade e serviu para consolidar a boas relacións existentes entre ámbalas institucións.