Luis Menor enxalza o “extraordinario labor” da Asociación Xuvenil Amencer a prol da mocidade ourensá

REUNIÓN CON AMENCER. O presidente provincial, Luis Menor, recibe ao director da Asociación Xuvenil Amencer, Xulio Iglesias Blanco, acompañado do Coordinador da asocición, Julio Vilar Andrés.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial ó director e ó coordinador da Asociación Xuvenil Amencer, Xulio César Iglesias e Xulio Vilar, respectivamente, para analizar as actividades de conciliación e lúdico-deportivas que organizan desde esta entidade.

No encontro, Luis Menor enxalzou o “extraordinario labor” que realiza Amencer a prol da mocidade ourensá e ratificou o apoio que mantén historicamente a Deputación con esta entidade por compartir “o obxectivo común de axudar a sociedade e facilitar a todos o acceso a servizos de ocio, cultura e conciliación, en igualdade”, explicou o presidente provincial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO