O delegado territorial da Xunta visita os concellos Barbadás e San Cibrao das Viñas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá aos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas, dentro  da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Manuel Pardo, despois de repasar con ámbolos dous rexedores, Xosé Carlos Valcárcel e Marta Novoa, asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños dos concellos de Barbadás e San Cibrao das Viñas”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO