O grupo municipal socialista conseguiu que se aprobase instar ao goberno de Jácome a realizar as obras para a eliminación do gas radón do CIMM e que continúe sendo a súa sede

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Que hai de rentabilizar os servizos sociais ou a igualdade? Isto non vai de rentabilidade, vai de atender ás persoas que máis o precisan e para as que hai que gobernar”, recriminou a portavoz do grupo municipal socialista, Natalia González, á edil Tamara Silva tras afirmar que non se pechan servizos, senón que se reorganizan para que resulten rentables

Tamén conseguiu o PSdeG o respaldo da oposición para a súa iniciativa que persegue recuperar o Centro de Iniciativas Empresariais e impulsar a economía da cidade de Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Se non se fan as obras de eliminación do gas radón nas instalacións do CIMM o edificio ficará pechado. É outra chapuza máis dun goberno que fala de rentabilizar servizos. Que hai de rentabilizar os servizos sociais ou a igualdade? Isto non vai de rentabilidade, vai de atender ás persoas que máis o precisan e para as que hai que gobernar”, expresou a portavoz do grupo municipal socialista durante a súa intervención no pleno ordinario de xuño no que se debateu a moción conxunta que sobre este tema presentaron co PP.

O texto debatido reclama que o executivo local acometa as obras imprescindibles –na que ata o de agora foi a sede do Centro de Información Municipal á Muller (CIMM)– para a eliminación de gas radón que necesitan as instalacións e que unha vez rematadas volvan a ofertarse todos os programas e servizos que se prestaban no mesmo edificio. “Crumpría cos requisitos de confidencialidade e privacidade que necesitan as persoas que acoden en busca de información ou amparo, e que en moitas ocasións son vítimas de violencia de xénero ou se atopan en risco de exclusión social”, lembrou a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense puntualizando que o investimento realizado hai máis dunha década foi histórico e consensuado con todas as forzas políticas.

Precisamente por este motivo reclaman que mentres non remate a intervención, se situe o CIMM nun lugar que permita a continuidade de todos os programas e a atención que ata a actualidade se viñan ofrecendo, sen que supoña unha merma da calidade para a atención ás usuarias e as empregadas do mesmo.

“DO podería ser a Denominación de Orixe dun goberno de profesionas do desmantelamento, nos recortes e nas mentiras. Resulta que agora o pequeño ditador é acosador, segundo reflicte unha sentenza xudicial”, afirmou a voceira das e dos socialistas e incidiu, unha vez máis, en que a oposición debe ser quen de chegar a acordos polo ben da cidade.

Por outra banda, as e os socialistas conseguiron que se aprobase a súa iniciativa para instar ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome á creación dun plan estratéxico e integral que impulse o desenvolvemento económico e recupere o Centro de Iniciativas Empresariais (CIE)da cidade. “As e os emprendedores son unha fonte inesgotable de oportunidades para revitalizar a economía local de Ourense”, explicou a edil e secretaria xeral de XX.SS, Alba Iglesias, á Corporación, e engadiu que a emigración da xuventude está deixando o municipio como un lugar no que só poden vivir as persoas xubiladas e o funcionariado.

“O comercio local non é só unha actividade económica. É a alma da nosa comunidade e o motor que impulsa as nosas rúas. Apoiar o emprendemento é un investimento no futuro de Ourense e manter viva a chispa que fai cidade. E os datos son preocupantes: temos o municipio de toda Galicia con máis locais comerciais baleiros, o que non só amosa lugares desocupados senón que representa un desafío. Porque cada establecemento pechado é unha oportunidade perdida”, relatou.

Para a revitalización do emprendemento márcanse, no texto respaldado por todos os grupos da oposición, algúns obxectivos a promover desde o CIE como: programas de asesoramento; orientación na creación e xestión de empresas (incluíndo aspectos legais, financeiros e administrativos); formacións (con cursos e obradoiros) ou o networking (espazos e eventos para que as e os profesionais poidan conectar con outras e outros empresarios, investidores e mentores).

“Podemos deixar de perder poboación se traballamos en políticas orientadas en reverter esta situación. Pero isto é imposible mentres teñamos un goberno municipal neglixente”, rematou.